Cabo Ortegal

Cabo Ortegal é un dos puntos máis septentrionales da Península Ibérica, só superado polo cabo da Estaca de Bares, cunha latitude de 43º 46º 20º. Norte e unha lonxitude 7º 52º 05º Oeste.
Cabo Ortegal é o lugar máis emblemático do concello de Cariño. É un enclave único, onde nos atopamos ante o quilómetro “cero” do Mar Cantábrico. Ten un extraordinario valor xeolóxico, morfolóxico, ornitolóxico, e por suposto paisaxístico, Ortegal está incluído no lugar de interese comunitario (L.I.C.) Costa Ártabra.