Castro de Baroña

O Castro de Baroña está situado na parroquia de Baroña municipio de Porto do Son. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I adC. a I d.C. Posuía dúas murallas á súa ao redor e consérvanse 20 vivendas de planta circular ou oval. No istmo que une o poboado ao castro escavouse un foso de catro metros de ancho e tres de fondo que constitúe a primeira liña de defensa. A continuación hai unha muralla consistente en dous muros de mampostería case paralelos cun recheo de area e pedras. Pénsase que orixinariamente continuaba ata conectar coa muralla do poboado, creando un espazo probablemente non ocupado con vivendas. A muralla principal, ben conservada, conta con dous lenzos. Un deles, á dereita, consiste en tres muros de mampostería que soben gradualmente e o da esquerda é semellante ao do istmo. Á dereita da abertura de entrada houbo un cubo defensivo e os muros estréitanse, polo que se supón que se pechaba cunha porta que non deixaría pasar os carros. Posiblemente, a muralla rodeaba o castro case completamente.