BO+NADAL+%C2%B7+CAMPUS+STELLAE
0 Flares Filament.io 0 Flares ×

Segundo conta a lenda, existe un camiño no ceo e outro na terra que conducen a un punto sagrado e místico, venerado dende hai moito tempo. É coñecido como “Campus Stellae” “Campo de Estrelas”, hoxe en día Santiago de Compostela.

A historia conta que en torno ao ano 813 un ermitán chamado Pelayo, que vivía no bosque de Libredón, hoxe as rúas que rodean a Catedral Compostelá, viu durante varias noites un enorme resplandor no ceo, unha estrela xigantesca que indicaba un punto determinado. E aquí foi onde Pelayo encontrou unha estraña tumba de pedra, hoxe a tumba do Apóstolo Santiago. E así foi como durante séculos os peregrinos miraron ao ceo para seguir a Vía Láctea que leva a mesma dirección que a do camiñante a Compostela.

¡ Que as estrelas te guíen no teu camiño!!

¡ Bo Nadal!!

Share